Skip to main content
ActualidadeAlfozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello de Alfoz programa obradoiros para o uso de móbiles

Por 8 Marzo, 2020Sin comentarios

O Concello de Alfoz programa obradoiros gratuítos para persoas maiores de 55 anos nos que os participantes aprenderán a usar móbiles e smartphones de forma eficiente e segura.

Algún dos temas a tratar serán o coidado e mantenemento do móbil, correo electrónico, compras por Internet, aplicacións do banco, mensaxería instantánea (WhatsApp), buscas (Google), redes sociais (Facebook, Twitter, Instagram), aplicacións e webs de medios de comunicación (engadir a favoritos, etc.), aplicacións de saúde, pedir cita online (médico, ITV, renovación de DNI ou outros documentos), etc.

As persoas interesadas deberán anotarse no Concello ou no teléfono 982 558 001.