As residencias de Trabada e Ribadeo acollen actividades polo Día da Muller

A Deputación de Lugo organiza nos seus centros de atención a maiores, en Pol, Trabada, Ribadeo e A Fonsagrada, un programa de actividades para os usuarios e usuarias con motivo do Día da Muller.

Está previsto que fagan lecturas conxuntas de obras escritas por mulleres, participen en charlas-coloquio sobre o papel de mulleres galegas referentes, desenvolvan obradoiros de realización de agasallos e visualicen unha serie de vídeos nos que as protagonistas son as mulleres que viven en cada unha das residencias.

Así, en Trabada o día 11 haberá unha charla-coloquio Os fitos alcanzados polas mulleres ao longo dos anos. Homenaxe ás mulleres galegas que fixeron historia. Ademais, proxectarase o vídeo A historia das nosas mulleres do CAM de Trabada.

O día 13 terá lugar un obradoiro de realización de carteis do programa Alternativa Saudable.

Na residencia de Ribadeo haberá lecturas do 9 ao 13 de marzo de escritoras dentro do ciclo Homenaxe e introdución da biografía da autora.

Comezarán o 9 con Safo e o Son, de Juana Inés de la Cruz, seguirá o día 10 con Rosalía de Castro e Primi Nécega, ademais dunha actuación musical de Laura, versionando temas compostos por mulleres.

O día 11 será a quenda de Gabriela Mistral e Alfonsina Storni, o 12 Ana MªMatute e o 13 Gloria Fuertes.

Etiquetas