O Pleno acorda que Foz sexa un Concello libre de casas de xogos

A proliferación das apostas, xunto cos seus efectos na poboación, representan un problema social. Este tema preocupa ao BNG de Foz e a moitos focegos de maneira especial.

Os nacionalistas de Foz acadaron no Pleno instar ao Goberno autonómico da Xunta a consensuar unha nova Lei do Xogo para afrontar este problema de saúde pública que debe contar na súa elaboración co consenso dos grupos políticos e tamén coas asociacións que traballan no ámbito da rehabilitación.

Tamén acordouse instar a Xunta de Galicia a que igual que acontece co gremio de tabacaleras ou farmacias, limite a apertura das casas de apostas físicas mediante o establecemento dun mínimo de metros de separación ou por núcleos de poboación, para frear así a súa expansión, limitando tamén a publicidade tanto en cartelería como no patrocinio de entidades deportivas que inflúen decisivamente na addicción na mocidade.

O Pleno do Concello posicionouse como Concello libre de Casas de apostas. De xeito que na medida das competencias municipais, se limite a posible instalación de Casas de Xogos de apostas no noso Concello que afectan á economía e poden causar ludopatía, especialmente pola cantidade de xente nova que cae nesta adicción.

Etiquetas