Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Aprobada unha moción do BNG de Viveiro para baixar a siniestralidade en Cantarrana

Por 10 Marzo, 2020Sin comentarios

O Concello de Viveiro aprobou en Pleno a moción presentada polo BNG co fin de baixar a siniestralidade da LU-862, a vía que atravesa Cantarrana e que rexistrou nos últimos anos o maior número de accidentes de toda A Mariña.

“Non se entende como o Goberno Municipal do PSOE mirase todos estes anos cara outro lado ante a ausencia de adopcións de medidas que mellorasen a seguridade vial nesta zona, pois é unha travesía especialmente delicada polo denso tráfico que soporta, numerosas interseccións e áreas de estacionamento, con alta densidade residencial, comercial e zonas escolares”, din os nacionalistas.

Son tres os acordos propostos polo BNG nesta moción, según eles, “moito máis ambiciosas que as propostas prometidas pola Xunta que só enfocaban estas melloras ao reforzo da sinalización e uns limitadores de velocidade”.

Estes son que o Goberno Municipal reclame á realización dun estudo da estrada LU-862 ao seu paso por Cantarrana e Covas (dende a rotonda do Ecchomo ata a rotonda das Sirenas) no que se estabelezan as mellores medidas para reducir a cero a siniestralidade na mesma e a dotación orzamentaria necesaria para o seu desenvolvemento.Que se inste á Consellería de Infraestruturas á execución do Plan de mellora da seguridade no vial LU-862 á altura de Covas anunciado no ano 2017, incluíndo ademais neste plan a modificación dos aparcadoiros para distribuílos en espiga na travesía de Covas e así os vehículos estacionados saian de fronte ao víal. E que se poña en marcha un sistema de xestión de solares privados dispoñíbeis na zona de Covas para utilizalos como aparcadoiros públicos provisionais, a través do comodato ou préstamo de uso.

No debate desta moción, a alcaldesa en minoría, María Loureiro, dirixiuse ao grupo do BNG recalcando que os accidentes non eran consecuencia das deficiencias na sinalización se non pola velocidade, ao que a concelleira nacionalista lle contestou “agradecémoslle o dato, pero non ten relación co texto da moción, pois non figura en ningún dos 3 puntos do noso acordo tal medida”

Míriam Bermúdez asegura, “estaremos pendentes de que os prazos se cumplan e de que se poña en marcha canto antes o estudo para a estrada LU-862”, como tamén que se inicien canto antes os trámites para empregar os solares en desuso como aparcadoiros públicos provisionais, pois as xestións son mínimas e será unha medida esencial para desconxestionar o tráfico, pois en numerosas ocasións os coches están a dar voltas en busca dun aparcamento libre”.

“O Goberno actual da Xunta foi incapaz de pór en marcha a VAC no seu paso por Viveiro en 11 anos que leva Feijóo no Goberno, e iso que xa conta cos informes favorábeis e o visto bo da veciñanza, mais prefiriron aparecer cunha mega-ponte que non resolve os problemas principais de comunicación, conexión nin desconxestión de tráfico de Viveiro co único propósito de confrontar a veciñanza. Continuaremos pois demandándolles unha Via Alta de Capacidade para a Costa Note que permita atenuar a saturación de tráfico actual que sofre Viveiro, principal causa do estado actual de conxestión que sofren Cantarrana e Covas,” remata Bermúdez.