Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O 16 de maio terá lugar a VI Ruta Cabalar Monte Castelo

Por 10 Marzo, 2020Sin comentarios

O 16 de maio terá lugar a VI Ruta Cabalar Monte Castelo, que organiza o Concello de Burela coa colaboración da asociación Cabaleiros Pena de Burela.

Previsiblemente a saída será ás 10 da mañá desde o pavillón dos institutos e á metade da ruta haberá unha parada no Mirador do Monte Castelo, onde se servirán uns pinchos. Despois seguirá a ruta cara a praia da Marosa e seguirá polo paseo ata a praia urbana, onde haberá unha nova parada. A continuación a ruta dirixirase á praza do Concello e despois os cabaleiros percorrerán as principais rúas da vila.

Na Ruta Cabalar Monte Castelo entregaranse varios premios para o xinete e amazona máis novos, para os de máis idade, para os que cheguen de máis lonxe, para a asociación máis numerosa (a que se presente con maior número de cabalos) e para a que veña de máis lonxe.