O CCH de Viveiro pon en marcha polo Día do Pai a campaña ‘Unha aventura con papá’

A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro pon en marcha a partir deste luns 9 de marzo a Campaña do Dia do Pai. Nesta ocasión apostamos por seguir premiando a fidelidade dos nosos clientes con algo especial para celebrar nesta data, e sortearemos entradas para pais e fillos no parque de Aventura Roq Parq en San Roque.

Serán un total de 20 entradas dobres para o parque de aventura Roq Parq de San Roque, para que pais e fillos poidan desfrutar dunha aventura en plena natureza e nun entorno inigualable. Os menores deberán cumprir unha altura mímina de 1,10 metros.

As entradas poderanse desfrutar as fins de semana entre Abril e Xuño previa comunicación ó número de teléfono indicado pola organización no momento de recoller o premio.

Os interesados poderán participar depositando un tícket de compra de mínimo 20€ nas urnas habilitadas en  calquera dos negocios asociados ó CCHV. Permítese a acumulación de varios tíckets de cantidades inferiores ata sumar os 20€.

Os tíckets serán válidos polas compras realizadas dende o luns 9 ata o mércores 18 de marzo. O sorteo realizarase o venres 20 de Marzo ás 16:00 horas nas oficinas da Asociación, e comunicaráselle de inmediato ós gañadores. No caso de renuncia ó premio, procederase á extracción dun novo tícket ata que apareza gañador.

Os obxectivos perseguidos con tódalas campañas que pon en marcha a asociación,  son por unha parte a de premiar a fidelidade dos clientes que apostan por mercar no comercio local, e por outra parte fomentar a unión de tódolos comerciantes da zoa para traballar en conxunto e dinamizar o comercio de Viveiro.

As bases da campaña e tódala información podese consultar na web www.viveirocentro.com, e no perfil de Facebook, Twitter e Instagram.

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: