Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello de Foz organiza a ‘Comida xuntanza para os nosos maiores’

Por 10 Marzo, 2020Sin comentarios

O Concello de Foz ven de comunicar que xa se poden retirar as tarxetas para a Comida xuntanza para os nosos maiores.

Este xantar celebrarase o vindeiro 21 de marzo na sala Bahía ás 14.00 horas.

Terá por menú entrantes, callos, solombo en salsa con guarnición, tarta de crema e trufa con xeado, viño, auga, café e chupito.

A recollida das tarxetas farase no centro social ata o 18 de marzo.