O Concello de Foz selecciona dous peóns operarios e un auxiliar administrativo

O concello de Foz, grazas ao programa Depuemprego, da Deputación de Lugo, vai proceder á contratación laboral temporal de dúas prazas de peóns operarios de servizos múltiples e unha praza de auxiliar administrativo, todos de seis meses de duración.

A tenente de alcalde e concelleira de Emprego, Inés López Couto, explica que o anuncio publicouse no Boletín Oficial da Provincia do pasado sábado, polo que a data límite para presentar as solicitudes será este xoves, día 12 de marzo de 2020. Para máis información poden dirixirse á área de emprego do Concello ou ben á páxina web, onde están publicadas as bases.

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: