Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Viveiro participa nunha campaña para mellorar a reciclaxe de residuos

Por 10 Marzo, 2020Sin comentarios

O Concello de Viveiro forma parte dunha campaña a nivel galego para mellorar a reciclaxe de residuos, contribuíndo ademais a unha causa social.

En concreto, o tenente de alcalde Jesús Fernández Fernández e a técnica de Medio Ambiente do Concello de Viveiro, María Antonia Prieto, asistiron en Lalín á presentación da campaña ‘Pensa cos pulmóns. Recicla e únete ao reto!’, mediante a cal se propón a 15 concellos galegos o reto de mellorar nun 10% a recollida selectiva de residuos do contedor amarelo.

Os concellos que o logren obterán unha recompensa económica para destinar a unha causa social. A campaña foi presentada pola conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, a directora xeral de Calidade Ambiental, María Cruz Ferreira, e polo director en Galicia de Ecoembes, Fernando Blázquez.

“Aceptamos o reto, somos un concello comprometido coa mellora na recollida de residuos e o respecto ao medio ambiente”, afirmou Jesús Fernández.

A campaña desenvolverase do 11 de marzo ao 11 de xuño e durante este período haberá diferentes accións, tanto formativas como divulgativas, co fin concienciar á cidadanía.

O Concello de Viveiro pide a colaboración de todos os veciños para superar o reto e facer de Viveiro un concello punteiro na reciclaxe.