Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAXoveZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Entregados os premios do Concurso de Caretas de Entroido de Xove

Por 11 Marzo, 2020Sin comentarios

O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, puxo en marcha hai algo máis dun mes unha nova edición do Concurso de Caretas de Entroido.  Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos e rapaces de Xove, en especial aos alumnos do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón. 

 Segundo idade houbo cinco categorías: Preescolar (nenos de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio.

Cada concursante puido presentar un ou máis traballos a este Concurso. Lóxicamente, dende o Concello o que se pretendeu con este Concurso foi potenciar  a participación e creatividade dos nosos rapaces.

Na categoría Preescolar os gañadores foron Pablo García Val, Jesús López Franco e Hugo Pita Rodríguez. 

Na categoría 1º e 2º de primaria Álvaro García Casabella, Daniela Casabella Álvarez e Blanca Casariego Mariño. 

En 3º e 4º de primaria Sara Cancela Trastoy, Candela Iglesias León e Carlota Eijo Rodríguez. 

Na de 5º e 6º de primaria foron Berta Barro Álvarez, Andrea Eijo Rodríguez e Carla Casabella Puñal. 

Na derradeira categoría, a de 1º a 4 º de ESO foron Alicia Fernández Vicente, Soukaina Adourou e Xenxo Salgueiro Franco.