Skip to main content
ActualidadeMondoñedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Suspendida a Concentración Mototurística N-634 de Mondoñedo

Por 11 Marzo, 2020Sin comentarios

O presidente do Moto Club Ruta 634 de Mondoñedo, Miguel Arias García comunica que suspende a XXXI Concentración de Motos de Mondoñedo prevista para este sábado 14 e domingo 15 de marzo.

Decisión adoptada pola organización do evento ante o que se califica de “emerxencia sanitaria provocada polo coronavirus”.

O obxectivo é evitar que se produzan aglomeracións de xente, asi como medida de protección da saúde e seguridade dos e das mindonienses e do resto de persoas que se puideran achegar á localidade.