Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Comeza o Programa de Difusión Cultural de Viveiro

Por 12 Marzo, 2020Sin comentarios

O xoves 12 de marzo, dará comezo o Programa de Difusión Cultural organizado pola Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro, cun concerto ás 20.30 horas na Igrexa das MM Concepcionistas do Coro do Conservatorio de Música de Viveiro.

Continuará o venres 13 ás 20.30 horas na Sala Multiusos do Concello coa conferencia As mulleres nos relatos evanxélicos da paixón, que correrá a cargo de Antonio Menduiña Santomé, director do Instituto Teolóxico San José de Vigo. Pechará este acto o Obradoiro de Canto Coral do Conservatorio de Música de Viveiro.

O sábado 14 ás 20.30 horas na Igrexa de Santa María haberá un concerto da Banda Municipal de Música O Landro de Viveiro, e terá como mestre de cerimonias ao actor Suso Martínez, que dará vida a un viaxeiro no espazo e no tempo a través das músicas.

O día 18 de marzo ás 20.30 horas nos Cines Viveiro proxectarase a película María Magdalena, na que a recadación será destinada a Cáritas Interparroquial de Viveiro.

O xoves 26 de marzo ás 20.30 horas na Igrexa das MM Concepcionistas haberá un concerto da Orquestra de Guitarras do Conservatorio de Música de Viveiro e o 27 ás 20.30 horas na Igrexa de San Francisco un concerto do Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia.

O 28 de marzo será o X Certame de Bandas Cidade de Viveiro, que comezará cos pasarrúas polo casco vello ás 19.30 e despois na praza Maior celebrarase o Certame de Bandas no que participarán a Banda Tau de CCTT de Viveiro, a Banda Nuestra Señora da Misericordia de Viveiro, a Banda Naval de Viveiro, AM Virgen de la Amargura de Ferrol e a Banda de CCTT Sagrado Corazón de Jesús de Marchena-Sevilla. En caso de choiva as actuacións terán lugar no Teatro Pastor Díaz.

O 31 ás 20.30 horas no Teatro Pastor Díaz terá lugar a conferencia de clausura titulada Os fondos pictóricos da Catedral de Mondoñedo a partir da Idade Moderna, que estará a cargo de Juan Manuel Monterroso Montero, Doutor en Historia do arte pola USC e despois será a presentación da revista Pregón.

Xa en abril, o día 4 ás 20.30 horas no Teatro Pastor Díaz celebrarase o pregón da Semana Santa de Viveiro que estará a cargo de Aurelia Balseiro, Directora do Museo Provincial de Lugo. Ademais, o acto estará presentado por José Manuel González Páramo e actuará a Coral Polifónica Alborada de Viveiro.