Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Todo listo para a VII Foliada Nordestía de San Cibrao

Por 12 Marzo, 2020Sin comentarios

Un ano máis os mellores grupos e a mellor música danse cita en San Cibrao, nesta ocasión no 4 de abril do 2020.

A primeira conformación é a do grupo De Ninghures, unha agrupación de música tradicional conformada por xente nova comprometida coa música, baile e lingua galega.

Tamén se confirmou a Obal-trad&bal, un trío formado por Jaime Rebollo, Iván Costa e Diego Langarika, que trae un repertorio tradicional e de novas composicións, propias e de outros autores.

Nos últimos días confirmouse que ZENZAR, un grupo formado a finais do 1987 e cunha longa traxectoria, achegarase a San CIbrao para ofrecer o mellor rock en galeg.

A cita, organizada por A Rebolaxe e que conta coa colaboración do Concello de Cervo, contará como en anos anteriores con Cantos de Taberna, un xantar popular, xogos infantís e actuacións.

O deseño do cartel correu a cargo do artista alfocense Hipólito Xeada.