Décima xornada de billarda na Veiga de Mondoñedo

O sábado 7 de marzo, disputouse no campo de fútbol Viñas da Veiga de Mondoñedo a décima xornada de billarda.

Aínda que os derradeiros colet azos do Antroido baixaron un pouquiño a participación, foi unha xornada concurrida donde se achegaron sesenta e oito participantes que viron en primeira liña e padeceron en carne propia como o tsunami dos carabullo de Ponte de Outeiro, pasaba arrasando a tódolos rivais sen contemplacións. Gañaron en todas as categorías agás en infantís, na que este ano non presentan a ninguén.

En individuais repartíronse os postos deste xeito: primeiro Javi Morán como abandeirado cun pleno de vintecinco puntos, seguírono Charli e Albino a so un punto do gañador e Migho puxo outros vinte puntos que os levan a un total de noventa e tres, cos que, por riba de se afianzar no primeiro posto, acadan e igualan os Billardeiros Musicais ca mellor puntuación nunha xornada da LNB que dende a derradeira xornada da tempada 2015/2016 tiñan no seu poder os mariñáns.

En donas foi Irea, unha nova promesa xa feita realidade) a dominadora da xornada superando a tódalas rivais ca súa acertada actuación, segunda foi Paula e terceira Chinita.

En infantís Marcos de Troitas Bravas da A Pontenova segue no seu camiño cara o título de liga, foi o gañador da xornada, segunda foi Aroa e terceiro Mateu.

Nun terreo, no que se puido xogar cas medidas regulamentarias de 50 x 20 metros era farto dificil acadar varados e non se rexistrou ningún esta tarde.

Xermán Viluba, presidente da asociación O Varal e palanador dos Remourelle Bulls, fixo entrega aos gañadores das tartas de rigor e de un botelo para o equipo gañador.

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: