Skip to main content
Actualidade

Cruz Vermella reforza a súa atención en Galicia ante o COVID-19

Por 14 Marzo, 2020Sin comentarios

Os equipos de Cruz Vermella e Media Lúa Vermella están a responder ás consecuencias da epidemia do COVID-19 ao longo de todo o mundo, facendo un labor moi valiosa para apoiar á sociedade e especialmente ás persoas máis vulnerables.

En España Cruz Vermella puxo en marcha un Plan de Continxencia fronte ao COVID-19 para contribuír á contención e evitar a propagación do coronavirus, reforzando as capacidades dos equipos e recursos dispoñibles en todo o territorio e promovendo accións de prevención e sensibilización á cidadanía, especialmente das persoas e grupos máis vulnerables.

Grupos vulnerables

Unha das medidas máis importantes que puxo en marcha Cruz Vermella para apoiar ás persoas máis vulnerables, foi lanzar unha campaña informativa dirixida a máis de 25.500 persoas usuarias identificadas en Galicia como especialmente vulnerables ante o coronavirus. A información, pautas e consellos básicos que se transmiten son os trasladados polas autoridades sanitarias, no caso da nosa comunidade autónoma con especial atención á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e Servizo Galego de Saúde (Sergas). Ademais de proporcionarlles información relevante, a organización humanitaria ponse ao dispor destas persoas para calquera contacto posterior que precisen.

En total en España son 400.000, de entre os 4 millóns de persoas que atende anualmente en todos os seus programas (emprego, educación, medio ambiente, inclusión social, entre outros): persoas maiores, con discapacidade ou con enfermidades crónicas ás que atende a organización.

O obxectivo fundamental é informarlles das pautas básicas de prevención e facer seguimento telefónico do seu estado de saúde. A través destas chamadas de seguimento, Cruz Vermella quere asegurarse de que as persoas máis vulnerables dispoñen das pautas e recomendacións básicas de prevención.

Formación e información
A formación do persoal interveniente en Emerxencias e Socorros de Cruz Vermella é un dos puntos crave deste plan de continxencia fronte ao COVID-19 para o que se están realizando accións de formación aos equipos e demostracións para explicar as accións de autoprotección do persoal, as medidas de hixiene básicas, así como a transmisión de mensaxes crave e de loita contra o estigma.

Paralelamente, Cruz Vermella puxo ao dispor de toda a poboación un curso online sobre o Coronavirus, ao que accederon xa máis de 35.000 persoas e que permite coñecer unha información básica sobre o COVID-19 para que poidan dispoñer de coñecementos esenciais para a prevención da súa propagación.