O Campus Trinat Experience III chega a Viveiro

O Concello de Viveiro acolle o Campus Trinat Experience III para os días 30 de abril, 1, 2 e 3 de maio. Farase o posible para que os participantes, de entre 18 e sen límite de idade, desfruten dunhas xornadas inesquecibles a través do deporte, a cultura e a natureza.

Un dos obxectivos do campus é que os participantes adquiran as ferramentas e motivación necesarias para poder enfrontarse a un triatlón grazas ás experiencias vividas.

Contarán con grandes deportistas internacionais como Inés Santiago, Esteban Basanta, Mauro Rodríguez e Álvaro Pino que darán consellos.

Ademais, realizarán actividades en plena natureza como no Fuciño do Porco, vivirán una experiencia única surfeando as olas galegas e desfrutareá desta ponte tan idónea.

Non se trata dunhas simples xornadas de adestramento, a intención é incrementar ao máximo todo tipo de experiencias deportivas, culturais e sociais, ademais de render homenaxe aos deportistas que inspiran cada día á hora de saír a adestrar, podendo gozar da súa presenza día tras día, neste campus.

Ademais, unha porcentaxe das incricións será doada e irá destinada a apoiar asociacións que velen pola conservación do medio natural da zona.

Etiquetas