O Concello de Riotorto apraza a Feira do Ferro

O Concello de Riotorto comunicou que vaise aprazar a Feira do Ferro por mor do coronavirus.

O alcalde, Clemente Iglesias, tomou a decisión e así o comunicou nas redes sociais do Concello.

Así, a feira que tería lugar o domingo 19 de abril, posponse ata novo aviso do Goberno local.

A festa será aprazada, e aínda non ten data concreta, xa que agora haberá que estudar cando é posible encaixar a Feira no calendario.

A Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto, que chega este ano a súa edición número XIV, está organizada pola Asociación de Ferreiros en colaboración co Concello de Riotorto e subvencionada pola Deputación Provincial e a Xunta de Galicia.

Non deixa de ser unha das celebracións de máis trancendencia en Riotorto acollendo todos os anos unha gran cantidade de visitantes que se achegan a ver traballar a estes artesán en directo.

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: