A dirección do Illa Pancha Challenge aprazar o evento ata o próximo outono

A dirección do evento Illa Pancha Challenge tomou a decisión de aprazar o evento ata o próximo outono debido á crise que o mundo esta sufrindo co COVID-19.

“A próxima semana tiñamos a xanela aberta para realizar o campionato pero este problema que sofre a humanidade fainos aprazar a proba ata o próximo outono,(debemos lembrar que este ano esperamos amplamente superar a cifra de 10000 asistentes in situ), non podemos arriscar a desprazar a surfeiros e afeccionados de todo o mundo na actual situación”, comenta a organización.

“Confiamos plenamente nos nosos servizos sanitarios, e por iso facemos un chamamento á calma e seguir todas as normas que marquen o noso goberno, no cúal confiamos plenamente e o noso envexable servizo público de saúde”.

Por outra banda, o vindeiro mércores celebrarán o aniversario do director do evento, Eric Rebiere, surfeando ondas enormes no Panchorro.

O evento ponse en modo de espera ata o próximo 1 de outubro.

Etiquetas