Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Cervo pon en marcha diferentes iniciativas a través da rede

Por 18 Marzo, 2020Marzo 30th, 2020Sin comentarios

O Concello de Cervo pon en marcha unha serie de iniciativas para contribuír a facer máis amenas estas xornadas de confinamento á veciñanza.

Deste xeito, hoxe mesmo, arrinca o programa de actividades propostas a través das redes sociais municipais (https://www.facebook.com/CONCELLO-DE-CERVO-AYUNTAMIENTO-DE-CERVO-328922863972 e o instagram @cervocultura https://instagram.com/cervocultura?igshid=2jerajytcnpu baixo o cancelo #cervoquedanacasa.

Para poder participar no concurso os pasos son os seguintes:

1º Facerse seguidor da conta de instagram @cervocultura

2º O mesmo día do concurso, de 12:00 a 20:00 horas, as persoas que desexen participar deber subir a súa foto ou vídeo ao seu instagram etiquetando a @cervocultura co cancelo #cervoquedanacasa

3º Ás 17:00 horas do día seguinte de cada un dos certames anunciarase o/a gañador/a

Os premios serán entregados ao remate da corentena e a axenda de actividades é a seguinte:

  • Mércores 18 de marzo, concurso de fotografía. Premiarase a foto máis orixinal sobre como pasar a corentena na casa
  • Venres, 20 de marzo, concurso de debuxo. Premiarase a orixinalidade e a utilización de distintas técnicas.
  • Sábado, 21 de marzo, concurso “tik-tok”. Premiarase o vídeo máis enxeñoso.
  • Luns, 23 de marzo, concurso de reciclaxe. Premiarase a modalidade máis orixinal realizada con materiais reciclados.
  • Mércores, 25 de marzo, concurso de cine. As persoas que desexen participar teñen que caracterizarse das súas personaxes favoritas e gravar unha pequena curtametraxe que faga referencia a dita película, serie ou debuxo animado.
  • Venres, 27 de marzo, concurso de música. As persoas que queiran participar teñen que tocar un instrumento, cantar ou bailar.

Desde o Concello de Cervo precisan que “sabemos que son días complicados para todos/as nos que debemos sumar esforzos e seguir as recomendacións das autoridades competentes para frear a expansión do virus; a fin de tentar contribuír a facervos máis amenas estas xornadas deseñamos este programa agardando que sexan moitos/as os/as veciños/as e as familias que se sumen; porque ademais é unha forma de estar interconectados nestes días e de interactuar uns cos outros”.

Ademais –engaden- “tamén somos conscientes de que nestes días as nosas rutinas están a sufrir variacións importantes. Sabemos que, entre outras moitas cousas, bótase de menos o exercicio no día a día; por iso, desde o Concello de Cervo, iremos compartindo diferentes sesións deportivas con elementos que todos temos a disposición nas nosas casas”.

Son rutinas especialmente pensadas para as persoas usuarias das nosas Escola Deportivas Municipais, pero que, por suposto, convidamos a realizar a todos/as da man da nosa monitora Belinda.

O enlace da primeira rutina deportiva.

https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=10160015488128973&id=328922863972