Axencia de colocación

A Deputación prioriza o pago a provedores

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, explica que a institución provincial está priorizando o pago a provedores para axudar a paliar os efectos económicos da crise sanitaria do coronavirus. Tomé subliña que “con traballo a distancia e os efectivos presenciais reducidos ao mínimo imprescindible seguimos traballando pola provincia de Lugo. Unha das liñas de traballo que estamos intensificando durante o Estado de Alarma é o pago a provedores co fin de inxectar liquidez nas empresas e contribuír deste xeito a que poidan pagar os salarios dos seus traballadores e os gastos correntes”.

“Somos conscientes de que na nosa provincia a gran maioría do tecido empresarial son pemes, micropemes e autónomos, e o que nós queremos é axudarlles na medida das nosas posibilidades a que poidan manter a plantilla e a súa actividade e que o impacto desta crise sexa o menos duro posible”, asegurou o presidente.

Etiquetas