Skip to main content
ActualidadeBurelaRibadeoSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Sergas estuda o peche provisional de varios centros de saúde

Por 22 Marzo, 2020Sin comentarios

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) analiza a posibilidade de reorganizar a actividade de centros de saúde na Comunidade Autónoma Galega e baralla o peche durante este tempo dalgúns ambulatorios e que a atención, así como o persoal, se concentre noutros ambulatorios máis grandes.

Esta posibilidade chegou ao persoal de centros de saúde das zonas da Mariña e Terra Cha, en Lugo, e xa se notificou esta posibilidade aos alcaldes das localidades de Muras e Xermade, que foron contactados polo Sergas para poñelos en aviso previo deste paso, que se podería dar xa a próxima semana. Un paso que noutras comunidades, ademais, xa se produciu oficialmente.

A decisión aínda non está tomada pero todo parece apuntar a que irán por esa vía para concentrar a atención dos afectados do virus se seguen incrementando as cifras tal e como se espera.

Os usuarios destes dous centros de saúde serían atendidos no de Vilalba de forma presencial presencialmente e por teléfono desde Muras.

Por outra banda, na Mariña tamén se estuda o peche doutros centros de saúde que implicarían deixar abertos só os de Burela, Ribadeo e Viveiro que se ocuparían respectivamente do resto de concellos da mancomunidade que están máis preto ou mellor comunicados.