Xove pon en marcha a iniciativa ‘Coas nosas cores buscamos o teu sorriso’

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Xove, quere poñer o seu grao de area ante esta situación tan desesperante como é o illamento.

Así, acaban de por en marcha a iniciativa acabamos de por en marcha a iniciativa Coas nosas cores buscamos o teu sorriso.

Esta iniciativa xurde despois de darlle voltas á maneira na que se podía axudar e, sobre todo, animar a toda esa xente que está velando pola saúde, nos hopitais galegos, dende o persoal sanitario, limpeza, cociña, mantemento, reparto,… ata os propios enfermos que neste momento se encontran illados, así como á xente que está a cuidar dos nosos maiores nos Centros Residenciais de Terceira Idade, e aos propios maiores, que están a pasar momentos moi duros sen poder recibir as visitas dos seus seres queridos.

Para todo este movemento piden a colaboración do Ceip Pedro Caselles Rollán, da Escola Iinfantil Municipal, e da Oficina Municipal de Información Xuvenil, e deste xeito poder chegar a todos os nenos e ós rapaces do Concello de Xove.

Queren que os nenos sintan que en todo esto, todos somos importantes, todos sumamos. Así que van inundar os Hospitais e os Centro de Terceira Idade Galegos de debuxos, cartas, mensaxes…, para poder dar algo de alento a todas esas persoas que o están a pasar mal e poder sacarlles un sorriso.

O correo-e onde se deberá enviar todo este material é servicios.sociales@xove.es.

Dende o Concello de Xove espera que esta iniciativa teña unha boa acollida e contar coa máxima colaboración.

Etiquetas