Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Continúan as labores de limpeza e desinfección nos concellos

Por 25 Marzo, 2020Sin comentarios

Continúan as labores de limpeza e desinfección de espazos públicos do Concello de Mondoñedo.

Estas labores son importantes e estanse a levar a cabo no acceso ao Centro de Saúde, PAC, Residencia de Maiores San Rafael, Centro de Día, Unidade de Alzheimer, Hospital de San Pablo ou a propia Praza da Catedral, onde se atopa a parada de taxis.

Tamén outras rúas e prazas están sendo desinfectadas para garantir a salubridade nestes momentos.

En Ribadeo incorporouse un camión municipal de bombeiros ás tarefas de desinfección das rúas, que xa leva facendo desde hai días unha das máquinas barredoras. A actuación deu comezo polas inmediacións das residencias de maiores e do centro de saúde, e seguirá por outros puntos da localidade, segundo deu a coñecer o alcalde, Fernando Suárez.