Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello de Foz reforza a limpeza cun pulverizador de mochila

Por 25 Marzo, 2020Sin comentarios

O Concello de Foz reforza a limpeza cun pulverizador de mochila a gasolina para a desinfección de lugares públicos como supermercados, tendas de alimentación, farmacias, … aos que, lembramos, debemos saír o menos posible.

Dende o Concello agradecen a Seima A Mariña pola cesión do equipo e a todas aquelas empresas, autónomos e particulares que se están ofrecendo desinteresadamente para axudar na loita contra o COVID19.

Tamén lembran que as persoas propietarias de cans deben recoller os excrementos das súas mascotas e depositalos nos colectores do lixo.

Tampouco debense deixar na rúa enseres, posto que o servizo atópase temporalmente suspendido.