O polígono da Pontenova contará cun tanque de tormentas

O polígono da Pontenova contará cun tanque de tormentas que sirva de aliviadoiro cando hai precipitacións moi intensas.

As obras atópanse en San Briz, é o paso previo á recepción legal do propio polígono, así cando este esté rematado as empresas rcibirán as licencias, é dicir, licencias simultáneas.

A obra que xa comezou fai uns 15 días, está a levala a cabo Xestur, e ten a función de facer unha predepuración ao evitar que as primeiras augas de choiva, que son as máis contaminadas, porque aínda que a choiva estea moi limpa, produce un lavado do asfalto.

O Concello tamén pretende entrevistarse con persoal da Confederación Hidrográfica do Cantábrico para tentar buscar solucións as ribeiras e as pontes sobre o río Eo, xa que o río acumula moita madeira e a corrente vai esnaquizando as ribeiras.

O alcalde xa falou co seu homólogo de San Tirso de Abres para o arranxo do viaducto de O Cairo, que se atopa bastante dañado.

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: