Skip to main content
Actualidade

Sogami indica como convivir cun contaxiado de coronavirus

Por 25 Marzo, 2020Sin comentarios

A Sociedad Galega de Medicina Interna (Sogami) vén de publicar un listado de recomendacións para aquelas persoas que teñan que convivir nunha mesma vivenda cun contaxiado de coronavirus

O doctor José Antonio Peromingo, médico internista de Sogami, sinala que o ideal é que o afectado dispoña  “da súa propia habitación (na que realice as comidas) e que teña un baño para el, a poder ser”. Ademais, ha de practicar a desinfección do baño que use con luvas e máscara. En caso de ser unha persoa maior ou dependente, poderá facelo outra persoa, debidamente protexida.

Así mesmo, tanto a persoa afectada por coronavirus como o resto de habitantes da casa deberán lavarse as mans o máis a miúdo posible con auga e xabón ou ben unha solución hidroalcohólica, procurando dedicarlle entre 40 e 50 segundos e lavarse todas as partes da man (parte exterior, palmas, surcos reviravoltas dos dedos).

Ademais, deberase facer unha correcta hixiene respiratoria (esbirrar e toser no cóbado).

En xeral, recoméndase que, por cuestións de seguridade, mantéñase a máxima distancia posible entre os membros da familia e o contaxiado co fin de evitar contagios.