Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Cervo imparte charlas de prevención do Covid-19

Por 26 Marzo, 2020Sin comentarios

O Concello de Cervo, a través das delegacións de Servizos Sociais e de Protección Civil, dirixidas por Pilar Armada e Alfredo Fernández, e do servizo de emerxencias municipal cuxo responsable é Mario Antuña; imparte estes días charlas de prevención de contaxio do Covid-19 dirixidas aos/ás traballadores/as daqueles centros do municipio que contan con usuarios/as residentes.

O Servizo de Emerxencias Municipal, desprazouse no día de hoxe ata o Centro de Día Residencia de San Cibrao, no que non hai diagnosticado ningún caso de coronavirus na actualidade, para afondar precisamente nos protocolos de seguridade e prevención que debe seguir estritamente o persoal, para evitar que o virus poida entrar do exterior.

De tal xeito, recordóuselles que é fundamental extremar as precaucións tanto no centro de traballo como cando van aos seus fogares, para previr contaxios. Deben ser especialmente estritos/as, por exemplo, coa indumentaria; evitando en todo momento que o vestiario que traen do exterior entre en contacto coas instalacións que comparten coas persoas usuarias; e que a roupa de traballo quede sempre no centro; onde teñen que extremar as medidas de hixiene e prevención seguindo as recomendacións de Sanidade.

Con todo, desde o Servizo de Emerxencias, puideron constatar que a desinfección interna das instalacións se está a facer correctamente, e que o persoal está a ser extremadamente coidadoso, seguindo en todo momento as consignas fixadas para minimizar o risco de contaxio do virus.