O Centro Comercial Histórico de Viveiro organiza un concurso en apoio ao comercio local

O Centro Comercial Histórico de Viveiro organiza un concurso en apoio ao comercio local.

Así, a campaña #Euapoiareiocomerciolocal sorteará cada semana 50 euros en cales de compra.

Para participar haberá que sacar unha foto ou video cun cartel co hastag #Euapoiareiocomerciolocal e unha frase cun motivo para mercar e apoiar o comercio local.

Pódese subir directamente a calquera das redes sociais Facebook, Instagram ou Twitter do Centro Comercial Histórico. Ou tamén envialo por mail a info@viveirocentro.com ou por WhatsApp ó 650 506 717

Cas imaxes que vaian recibindo cada semana sortearán 50 euros.

As datas de participación serán ado 23 ao 29 de marzo, do 30 de marzo ao 5 de abril e do 6 ao 12 de abril.

Etiquetas