Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Os concursos on line de debuxo e de relato curto de Foz xa teñen gañadores

Por 26 Marzo, 2020Sin comentarios

Os concursos on line de debuxo e de relato curto convocados polo Concello de Foz contaron con máis de 60 participantes. O prazo para a entrega dos traballos rematou e danse a coñecer os premiados.

O concelleiro de Cultura, Héctor Moris, destacou que os certames “tiveron bastante éxito, con máis de 60 participantes, e houbo moita calidade, polo que foi moi difícil decidir. Levamos a cabo esta iniciativa para ofrecer unha pequena evasión da mente para os nosos nenos e nenas e para os maiores; e tamén para ter un pouco de actividade cultural. Dá gusto ver como a xente se implica cando se fan actividades deste tipo”.

No concurso de debuxo os premiados en Infantil foron Martín Méndez Rodríguez, Adrián Méndez Rodríguez e Fanny Lage Lousas.

En Primaria ata 8 anos foron Mara Herrero Fernández, Iago Prado Fernández e Mar Pérez Martínez. E ata 11 anos Camila Ramos Manfugás, Jana Lage Lousase Marisela Pérez Martínez.

Xa en Eso os grañadores foron Lucía Rocha Fernández, Noa Prado Fernández e Antón Ramos Blanco. E na última categoría, Bacharelato, foron David López Lapena, Andrea Chao Garcíae David López Lapena.

No de relato curto os premiados en Infantil foron Esteban Rodríguez Dorrego, Alina Rodríguez Dorrego e Ángela Méndez Mesa. En xuvenil tan só houbo un gañador, David López Lapena; e en audltos houbo dous, María Victoria Varela Varela e Fátima Palmeiro Rodríguez.

Para os dous concursos hai tres premios por categoría, que consisten en vales de compra de 50, 30 e 20 euros para usar en librerías de Foz.