Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

O PP propón medidas para incentivar o consumo de peixe e evitar a parada do sector

Por 29 Marzo, 2020Sin comentarios

O Grupo Parlamentario Popular rexistrou tres iniciativas parlamentarias que trasladan as demandas do sector pesqueiro ao Congreso para instar o Goberno a dar adecuada e urxente resposta ás devanditas peticións ante o coronavirus.

As iniciativas abarcan asuntos de importancia para todo o sector pesqueiro, como a necesidade de que o Goberno clarifique urxentemente as situacións carrexadas desde a entrada en vigor do estado de alarma e as referidas ao cumprimento das normas de prevención e distancias que contempla o RD 463/2020. Trasládase ao Goberno a necesidade de aclarar as posibilidades de acollerse a ERTEs por forza maior ao atopase en moitos casos ante a imposibilidade de poder garantir a adecuada protección dos traballadores e en consecuencia verse obrigados a quedar amarrados a porto.

Joaquín García, portavoz de pesca do GPP, sinala que con estas iniciativas pídese ao Goberno que clarifique todas as normas referidas ao funcionamento das lonxas de primeira venda de produtos do mar, así como da frota pesqueira e o seguimento comercial de todos os produtos do mar. Solicita axudas económicas directas e indirectas que axuden a paliar as graves perdas económicas que se están producindo por motivo desta situación.

O Grupo Popular tamén pide ao Goberno que adopte medidas para incentivar o consumo de peixe e así axudar a manter a actividade da frota pesqueira. Algúns datos acreditan estas baixadas: o descenso nun 77% na facturación procedente do marisqueo en Galicia, ou a caída de prezos no peixe de máis dun 50% como consecuencia de baixada da demanda nos mercados. Algunhas mariscadoras están a pedir o peche da súa actividade #ante a falta de vendas.

Para García Díez “é imprescindible que se axude urxentemente a frear a baixada de prezos que se está producindo nas lonxas e que cuestiona a saída de parte da frota para faenar ante a falta de rendibilidade. Iso podería abordarse desenvolvendo campañas de promoción e divulgación entre a poboación sobre a necesidade de consumir produtos provenientes do mar”.

Joaquín García convida o Goberno a seguir o exemplo doutros países como Noruega que veñen de declarar á pesca e acuicultura como sectores de importancia crítica para a sociedade. Finalmente, Joaquín García quere trasladar ao sector pesqueiro español todo o apoio do GPP polo importante labor que seguen facendo a pesar das dificultades que atravesa e a falta de respostas e axudas ás súas demandas por parte do goberno español.