Skip to main content
ActualidadeMondoñedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Mondoñedo pon a disposición de transportistas as duchas das Viñas da Veiga

Por 30 Marzo, 2020Sin comentarios

O Concello de Mondoñedo, co obxectivo de colaborar e apoiar aos que, nesta gravísima crise sanitaria debida ao coronavirus, manteñen os servizos esenciais, intenta axudar ao sector do transporte. O goberno municipal mindoniense quere arrimar o ombro e colaborar na medida do posible, e, con ese fin, facilitará aos transportistas duchas para asearse.

O Concello de Mondoñedo ofrecerá dende mañá, luns, as duchas e vestiarios das piscinas municipais do Complexo Deportivo Viñas da Veiga, para que poidan ser usadas polos profesionais do transporte. O goberno local pretende que Mondoñedo sexa unha área idónea de descanso e de utilidade para estes traballadores. O citado complexo dispón dunha ampla zona de estacionamento.

Os interesados en utilizar os citados servizos deberán contactar cos seguintes teléfonos: 982 524 003 ou 629 469 561.

Os horarios de uso das citadas instalacións do Concello de Mondoñedo serán de mañás, de 9:00 a 13:00 horas; e de tardes, de 18:00 a 21:00 horas.

A localización do complexo deportivo Viñas da Veiga é a seguinte: Coordenadas GPS: Latitude: 43.433937072754 Lonxitude: -7.3575139045715