Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello de Ribadeo ofrece unha guía informativa sobre o Covid-19

Por 30 Marzo, 2020Sin comentarios

O Concello de Ribadeo ofrece unha guía informativa sobre o Covid-19. Está dirixida á veciñanza, ás empresas e aos/ás traballadores/as. Deuno a coñecer hoxe o concelleiro de Desenvolvemento Local.

Pablo Vizoso dixo que “debido á profusión lexislativa de diferentes administracións públicas nas últimas semanas a consecuencia do decreto do Estado de Alarma e da emerxencia sanitaria, o Concello de Ribadeo considerou necesario realizar unha recompilación desta lexislación e poñer a disposición da cidadanía, das empresas, dos traballadores e traballadoras e dos autónomos e autónomas unha guía informativa acerca destas medidas adoptadas para minimizar o impacto do coronavirus e que afectan a estes colectivos”.

O edil nacionalista subliñou que “se trata dun documento que recolle as principais características das medidas adoptadas, como son a prestación para persoas autónomas, a tramitación dos ERTEs, o aprazamento de débedas tributarias ou a aprobación de liñas de avais, entre outras. A intención desta guía é tratar de resolver as dúbidas da cidadanía así como servir de axuda en cuestións como saber a onde dirixirse ou os pasos a seguir para a súa tramitación”.

Vizoso Galdo engadiu que “a guía estará dispoñible na páxina web do Concello (www.ribadeo.gal) e terá un carácter dinámico, xa que se irá actualizando para incluír as novas medidas que se aproben nos próximos días”.