Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A segunda traballadora da residencia de maiores de Foz deu Negativo no Covid-19

Por 31 Marzo, 2020Sin comentarios

A segunda traballadora da residencia de maiores de Foz á que lle fixeron a proba do Covid-19 deu negativo. Esta boa nova foi dada a coñecer polo alcalde focense, Fran Cajoto.

O rexedor municipal anunciou que “dentro das complicacións que estamos a vivir co Estado de Alarma temos unha boa nova: trasladáronos que a segunda traballadora da residencia de maiores de Foz á que se lle facía a proba do Covid-19 deu negativo”.

Fran Cajoto engade que “o Concello segue reclamando que se lle fagan as probas a todos os residentes e traballadores deste centro, pero polo que se ve unha persoa que podía ser vector desta enfermidade ao final este resultado aporta un pouquiño de tranquilidade. Isto é o que quero trasladar sobre todo a aqueles familiares que agora mesmo non poden estar cos seus maiores e pídolles que teñan temperanza e calma e que sexan optimistas, como somos nós”.

O alcalde de Foz lembra que “temos seguir todas as indicacións para evitar os contaxios: permanecer na casa, continuar lavando as mans con frecuencia e vivir gardando a distancia de seguridade, pero con calma e con tranquilidade”.

Para rematar Cajoto destaca que “hoxe temos esta noticia positiva e esperamos que se confirme tamén este mesmo resultado co resto de traballadores e usuarios da residencia de maiores de Foz”.