Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

A Xunta desinfecta hoxe centros de saúde da Mariña

Por 31 Marzo, 2020Sin comentarios

A Xunta de Galicia programou para hoxe labores de limpeza e desinfección en espazos públicos de 20 concellos da provincia de Lugo para contribuír a frear a expansión do coronavirus.

Os encargados de realizar estas tarefas son os profesionais do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) da Consellería do Medio Rural, que actúan nos exteriores de puntos especialmente vulnerables, como centros de saúde, residencias de maiores e de persoas discapacitadas, co fin de incrementar a seguridade de traballadores e usuarios.

Hoxe están previstas tarefas de desinfección nos seguintes municipios:

Na zona da Mariña, limparán os centros de saúde de Alfoz, O Valadouro, Ourol, O Vivedo, Barreiros, Lourenzá, A Pontenova, trabada e Mondoñedo.

Ademais tamén farán estas tarefas nas residencias Sn Bartolemu de Xove, na de maiores de Trabada e a de San Rafael e centro asistencial San Pablo e San Lázaro de Mondoñedo.