Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Cervo segue co programa de actividades a través da rede

Por 31 Marzo, 2020Sin comentarios

O Concello de Cervo continúa coas iniciativas para contribuír a facer máis amenas os días de illamento na casa.

Deste xeito, comeza o programa de actividades  #cervoquedanacasa, unhas propostas a través das redes sociais municipais.

Para poder participar no concurso os pasos son os seguintes:

1º Facerse seguidor da conta de instagram @cervocultura

2º O mesmo día do concurso, de 12:00 a 20:00 horas, as persoas que desexen participar deber subir a súa foto ou vídeo ao seu instagram etiquetando a @cervocultura co cancelo #cervoquedanacasa

3º Ás 17:00 horas do día seguinte de cada un dos certames anunciarase o/a gañador/a

Os premios serán entregados ao remate da corentena.

As actividades comezaron co Concurso de Narración o luns 30 de marzo, e continúan o mércores 1 de abril cos Xogos Olímpicos, no que a creatividade de idear un novo xogo olímpico dende a casa será o mellos agasallo.

O venres 3 chegará a Tapa Masterchef, o concurso culinario, o luns 6 de abril o Concurso de Poesía, no que haberá que crear un poema que teña un mínimo de catro estrofas.

O mércores 8 de abril serán os Xogos Tradicionais, no que haberá que amosar o xogo máis orixinal. E por último o venres 10 volverá o concurso culinario coa Sobremesa Masterchef.