A asociación As Horas de Foz está a organizar as escolas de verán

A asociación As Horas de Foz está a organizar as escolas de verán nas que os nenos desfrutarán de actividades e xogos divertidos e educativos durante os meses de xullo e agosto.

Todos os participantes, tanto alumnos como monitores, contarán cun seguro privado e persoal.

Entre as múltiples actividades das que se poderá desfrutar serán os deportes de pelota como fútbol, baloncesto, bádminton, tenis… actividades na praia, xogos tradicionais, xogos dixitais, disfraces, xogos educativos, bicicletas e un sin fin de actividades.

Ademais, todos os días os nenos recibirán un aperitivo saudable.

Para poder levar a cabo estas escolas de verán terán que asegurar un grupo mínimo de inscritos antes do 30 de abril.

Os horarios serán de luns a venres de 10 a 14 horas, e con precios que van desde 50 euros ao mes por un fillo, 80 por dous fillos e 100 euros por tres fillos.

Para participar é necesario chamar aos teléfonos 628 273 549 ou 665 427 675.

Etiquetas