Axencia de colocación

A Xunta desinfecta hoxe o centro de saúde de Riotorto

A Xunta de Galicia programou para hoxe labores de limpeza e desinfección en espazos públicos de 14 concellos da provincia de Lugo para contribuír a frear a expansión do coronavirus.

Os encargados de realizar estas tarefas son os profesionais do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) da Consellería do Medio Rural, que actúan nos exteriores de puntos especialmente vulnerables, como centros de saúde, residencias de maiores e de persoas discapacitadas, co fin de incrementar a seguridade de traballadores e usuarios.

Hoxe están previstas tarefas de desinfección no centro de saúde de Riotorto na zona da Mariña.

Etiquetas