Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O colexio Martínez Otero de Foz creou un “fondo económico solidario”

Por 2 Abril, 2020Sin comentarios

Desde o profesorado do colexio Martínez Otero de Foz son conscientes de que se aproximan tempos moi complexos a nivel laboral, económico e social para moitas familias.

Coas medidas publicadas no último BOE, aínda que necesarias, poden darse situacións onde moitas familias non teñan ingresos para facer fronte a pagos imprescindibles como o alugueiro da vivenda, a electricidade, o gas, as medicinas etc.

Deste xeito, desde o profesorado do Colexio, decidiuse crear un Fondo solidario, onde os docentes farán achegas de carácter económico para axudar a aquelas familias das que se teña constancia que se atopen nalgunha das situacións descritas anteriormente. O encargado de recepcionar as achegas económicas será Cáritas Parroquial de Foz.

Ademais, a fundación do Colexio realizou estes días unha doazón de alimentos ao Banco de Alimentos de Foz que contiña 250 iogures, pezas de 3kg de diferentes friames e froita.

. Como din dende o colexio de Foz “sempre dixemos que cómpre educar en valores e, agora máis que nunca, é momento de amosalo”.