Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAXoveZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello de Xove segue dando servizo aos veciños

Por 3 Abril, 2020Sin comentarios

O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Xove, como servizo esencial, neste momento de alerta polo COVID-19, está a facer un grande esforzo para dar cobertura, na maior brevidade posible, a todas as demandas que están a chegar.

Con relación ao Servizo de Axuda no Fogar tomáronse todas as medidas preventivas co fin de minimizar os posibles riscos de contaxio na población de terceira idade do Concello de Xove. Estase atendendo a un total de 60 familias con diferentes problemáticas; persoas que viven soas e carecen de apoio, persoas con discapacidade, persoas dependentes, etc.

Ademais, dende a entrada no estado de alerta, fixéronse dous repartos de alimentos (frescos e non perecedoiros) ás familias con maiores necesidades, asistindo a un total de 25 familias.

Tamén puxeron en marcha o proxecto Coas nosas cores buscamos o teu sorriso. Continuamos animando a todos os nenos e rapaces a que sigan enviando os seus debuxos, mensaxes, cartas,….

Para atender a todas as demandas e consultas habilitouse o correo electrónico sevicios.sociales@xove.es, tamén no teléfono do Concello 982 592 001.