Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Viveiro publica dúas guías de boas prácticas para a prevención do virus

Por 3 Abril, 2020Sin comentarios

O Concello de Viveiro publicou na súa web municipal dúas guías remitidas pola FEMP, a través da Circular 27/2020, sobre boas prácticas na prevención do coronavirus dirixidas ao sector do comercio.

A primeira guía, titulada ‘Medidas de contención do COVID-19 no desenvolvemento da actividade comercial a distancia e abastecemento de zonas rurais sen locais comercias’, está dirixida ao desenvolvemento da actividade de venda de produtos on-line e/ou por teléfono e á venda itinerante en municipios que carezan de locais comerciais e, por tanto, da seguridade de abastecementos de produtos de primeira necesidade.

Nela recóllense, entre outras cuestións, as medidas hixiénicas a seguir para a preparación dos pedidos, os servizos de entrega no ámbito rural, as medidas para a entrega domiciliaria de envíos procedentes de comercio on-line, venda telefónica e por catálogo ou as medidas que minimicen o contacto entre o repartidor e o cliente.

A segunda guía, denominada ‘Guía de boas prácticas para os establecementos do sector comercial’, vai dirixida aos establecementos comerciais que permaneceron abertos de acordo co establecido polo Real Decreto 463/2020. Contén, entre outras, recomendacións de protección fronte ao virus, medidas de hixiene do personal, de hixiene no establecemento, medidas organizativas, medidas de protección dos traballadores/as ou de abastecemento.

Segundo se fai constar na circular da FEMO, para a elaboración destas guías tivéronse en conta as diferentes instrucións e recomendacións elaboradas polo Ministerio de Sanidade.