A Festa da Troita na Pontenova aplázase para o 2021

A Festa da Troita na Pontenova, que se celebraría os días 30 de abril e 1 de maio, suspéndese por causa da alarma sanitaria desencadeada polo Covid-19.

Así, a situación de crise sanitaria levou á organización da cita pontenovesa a decidir a súa cancelación.

O CIT da Pontenova confirmou que trala reunión que se fará a vindeira comezou a pasar a alarma sanitaria xa que entendíamos que ía ser complicado poder celebrala”.

Esta será a primeira vez que esta a cita da Pontenova non se celebre nos seus 42 anos.

A cancelación implica que os actos que xa se coñecian, comos tres Troitas de Ouro, pasen á edición do 2021.

As distincións serán para o pescador local Luís Moirón, a título póstumo; para o biólogo e presentador do programa Caza e Pesca de Movistar+ Ignacio Vermello Herguedas; e para a plataforma veciñal contra a mina de Touro.

Etiquetas