Skip to main content
ActualidadeBarreirosCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Varios concellos poñen en marcha un servizo de impresión de materiais educativos

Por 6 Abril, 2020Sin comentarios

Varios concellos puxeron en marcha un servizo de impresión de materiais educativos.

O Concello de Barreiros o servizo estará coordinado polo departamento de informática municipal, poñendo a disposición das persoas que o precisen o número de teléfono 666 875 946 e o correo electrónico cemitbarreiros@gmail.com.

O envío das tarefas tamén se poden facer chegar por esas vías, por correo electrónico ou mesmo por whatsapp. A previsión é que as impresións se realicen unha vez á semana, entregándose nos domicilios coa mesma frecuencia.

“Tendo en conta que a vindeira semana coincide con vacacións lectivas, o servizo entrará en pleno funcionamento a partir do 13 de abril, aínda que xa están a disposición o teléfono (en horario de 9 a 14 de luns a venres) e o enderezo electrónico para dúbidas ou ir facendo a previsión das necesidades”, explica Ana Ermida. Porén, indican tamén que se hai persoas que teñen tarefas atrasadas ou que precisen do servizo antes desa semana, poden poñerse en contacto desde o vindeiro luns cos servizos municipais no 666 875 946 ou no correo cemitbarreiros@gmail.com

No caso de que o alumnado non conte con conexión a internet para descargar os traballos que lle envían desde o centro, tamén contarán con asistencia desde o Concello, podendo enviar o enderezo no que se deben obter ou organizándose co propio centro educativo.

CERVO

No Concello de Cervo en coordinación co Ceip Península da Paz, o Ceip de Cervo e IES Marques de Sargadelos, contarán con este servizo para aquelas familias que non dispoñan de medios tecnolóxicos nos seus fogares.

As familias interesadas poderán contactar co equipo docente do seu centro de ensino ou directamente co Concello a través dos contactos que mencionamos abaixo

Empregados municipais tentarán achegar no menor tempo posible este material aos distintos domicilios.

Este servizo está dispoñible tamén para rapaces de ensinanzas de FP ou universitarios que o precisen. Haberá que chamar ao 691 656 600 ou encribir un email a dinamización@concellodecervo.com