Skip to main content
A PontenovaActualidadeSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello da Pontenova aprobou un orzamento de máis de 2,6 millóns

Por 8 Abril, 2020Sin comentarios

O Concello da Pontenova aprobou o orzamento para este ano que ascende a 2.622.120 euros.

Dentro da previsión de gastos inclúense os impostos directos ou indirectos da administración local, as taxas e outros ingresos como os patrimoniais ou as tranferencias propias do Concello.

Según o Boletín Oficial da Provincia a aprobación dos orzamentos do Concello da Pontenova para o ano 2020, foron acordados en febreiro e ninguén reclamou no período de exposición pública.

O presuposto, que ascende a 2.622.120 euros, conta no capítulo de gastos co desembolso destinado ao persoal, o máis alto, que ascende a 1.214.699 euros, e tamén cos bens correntes e servizos por un total de 671.281 euros.

Os investimentos reais terán un custo de 492.649 euros e son as inversións destinadas a obras ou traballos que o Concello ten previsto realizar.