O Concello de Ourol pechou as fontes públicas de auga

Ante a incidencia do COVID-19 (coronavirus) o Concello de Ourol vén de informa do peche das fontes públicas de auga.

Así, durante o estado de alarma e ata a indicación contraria, o Concello conforme ao mandato da Xunta de Galicia tomou como medida preventiva e precintou e peche de todas as fontes públicas de Ourol, sendo o subministro de auga potable garantido a través da rede de abastecemento municipal.

Desde o Concello de Ourol queren agradecer a todos aqueles que cumpren co confinamento nas súas vivendas, xa que o esforzo individual terá como resultado o ben e a saúde de todo e todas.

Etiquetas