Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello de Ribadeo pagou aos seus provedores os importes acumulados

Por 11 Abril, 2020Sin comentarios

O Concello de Ribadeo pagou aos seus provedores desde que se decretou o estado de alarma por parte do Goberno facturas por un importe acumulado de máis de 395.000 euros.

Segundo os informes da Área Económica, o Concello de Ribadeo pagou aos seus provedores desde que se decretou o estado de alarma polo Goberno facturas por un importe acumulado de 395.045,31 euros. O alcalde, Fernando Suárez, subliñou que “coa fin de aliviar aos seus provedores de bens e servizos dos efectos económicos da crise causada polo Covid-19, o Concello de Ribadeo fixo un esforzo importante nas últimas semanas por axilizar a tramitación e resolución dos expedientes de aprobación de facturas”.

O rexedor manifestou que “deste xeito, na actualidade unicamente atópanse pendentes de pago, en referencia ás facturas deste exercicio 2020, as recibidas a partir deste 31 de marzo. Existen tamén outra serie de facturas do exercicio 2019 que, por seren presentadas polos provedores neste 2020, deberán ir a un recoñecemento extraxudicial na primeira sesión plenaria que se celebrará cando o estado de alarma o permita”.

Suárez Barcia dixo que “nestes días, como a actividade administrativa viuse moi reducida, os recursos humanos do Concello reorientaron os seus esforzos para reducir ao máximo posible os prazos de pagamento e que os provedores dispoñan o antes posible os importes pendentes”.

O alcalde ribadense engadiu que “todo isto contribuirá a reducir aínda máis o período medio de pago aos provedores do Concello e dar liquidez á economía municipal e comarcal nestes tempos tan excepcionais”.