Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Viveiro pon a disposición mascarillas realizadas por voluntarios

Por 12 Abril, 2020Sin comentarios

O Concello de Viveiro puxo en marcha hai uns días unha iniciativa solidaria para a confección de máscaras por parte dun númeroso grupo de voluntarios e voluntarias, grazas ao material doado por diversas empresas e entidades, coa pretensión de cubrir as necesidades existentes en diferentes ámbitos.

Tendo en conta que os EPIs entregados ao concello pola Xunta de Galicia son precisos para cubrir as necesidades propias, xa que se destinan ao persoal municipal (Policía Local, Protección Civil, Xardinaría…) e, na medida do posible, ás residencias e o centro de saúde, considerouse que este iniciativa serviría para dotar de mascarillas a un grupo moito máis amplo de persoas.

As primeiras 500 mascarillas elaboradas repartíronse entre as dúas residencias de maiores do concello, o centro de saúde e diversos establecementos esenciais que manteñen a súa actividade, como gasolineiras ou supermercados.

Tras esta primeira entrega de material aos colectivos referidos, especialmente expostos por tratarse de servizos sanitarios ou por teren que traballar cara ao público, o Concello de Viveiro amplía o ámbito de reparto e ofrece estes elementos de protección a aqueles veciños e veciñas que pertenzan a algún dos grupos de risco e aos nenos e nenas que, por calquera motivo, se vexan na necesidade de saír dos seus domicilios durante este días de confinamento, dispoñendo de mascarillas de tamaño infantil.

O concello continuará repartindo as mascarillas entre os centros e comercios sinalados, ante a escaseza deste tipo de material, e habilita dous números de teléfono para os veciños e veciñas que precisen mascarillas infantiles ou que pertenzan a algún dos grupos considerados de risco polo COVID-19. Nestes supostos, a partir do luns, 13 de abril, deben poñerse en contacto co concello a través dos números de teléfono 620 31 79 56 ou 982 56 36 18, para proceder á entrega das mascarillas no propio domicilio.