Skip to main content
ActualidadeAlfozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A Asociación O Castelo de Alfoz organiza un certame polas Letras Galegas

Por 14 Abril, 2020Sin comentarios

A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo de Alfoz organiza o Certame de Narrativa e Debuxo das Letras Galegas 2020 no que haberá tres categorías, ata 2º de Primaria, de 3º a 6º de Primaria e ESO.

O certame de narrativa terá unha extensión de 10 páxinas como máximo e deberá estar escrito en galego, ademais de que en ambos certamen poderanse entregar dous traballos por participante.

Contarán con fantásticos premios para os gañadores de cada categoría.

A entrega dos traballos farase online mandando as obras a asociacion.ocastelo@gmail.com antes do 10 de maio.