Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A aula virtual da Uned en Foz organiza charlas sobre alimentación saudable

Por 14 Abril, 2020Abril 15th, 2020Sin comentarios

O Concello de Foz en colaboración coa UNED organiza unhas charlas virtuais sobre alimentación saudable.

Sempre hai que coidar o que inxerimos e apostar por unha alimentación saudable. E os expertos lembran que ese coidado debe manterse vivo durante este confinamento domiciliario de forma moi especial.

O @aulauniversitariadefozuned pon en marcha esta actividade que pertence ao ciclo Coidámonos.

Do 15 ao 17 de abril de 2020, de 17:00 a 18:30 horas diferentes expertos coomo Alba Vila Reija, dietista e nutricionistam @alba.vila.diet; Saray Río Trigo, especializada en nutrición clínica, obesidade e nutrición infantil, @nutretuplato; e Noel López Pinín, dietista, nutricionista e coaching, @noelnutricion.

Explicaran o importante de establecer unha disciplina de horarios, manter as cinco comidas diarias, manter o ritmo intestinal, manternos activos e a descansar durante as horas de soño, planificar un menú semanal para evitar cociñar en exceso e comer os restos resultantes, e para os intres de aburrimento evitar azucres simples.

Este curso é gratuíto e realízase online. Para máis información haberá que escribir a foz@lugo.uned.es ou chamar ao 604 034 549.