Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Aprazada a setembro as festas do San Xoán de Covas

Por 16 Abril, 2020Sin comentarios

A comisión organizadora das festas do San Xoán de Covas comunicou a aprazamento da festa do 24 de xuño ao 12 de setembro por mor da grave crise sanitaria e socio económica que se está a vivir.

Covas, en Viveiro, aprazará as festas patronais que debían comezar na cuarta semana de xuño ao mes de setembro. Esta decisión debatiuse cos principais responsables nunha reunión por videoconferencia.

“Confiamos en que nos próximos meses a situación cambie e en setembro nos poidamos reunir para festexar San Xoán e Nosa Señora dos Remedios”, din dende a directiva.

O compromiso da parroquia de Covas co mundo da verbena e a cohesión social non desaparece e engaden que “estamos seguros que coas actuais circunstancias non serían as mellores datas para disfrutar das nosas festas.”

Unha vez se logre recuperar a normalidade verase un incremento notable dos eventos celebrados anualmente, tan necesarios tras estas semanas de incertidumbre e malas noticias que estamos vivindo.