Axencia de colocación

A Concellería de Servizos Sociais en Lourenzá organiza un taller de memoria na casa

A Concellería de Servizos Sociais en Lourenzá organiza un taller de memoria na casa dirixido a toda a veciñanza. Ademais imprime tarefas e apuntes escolares aos alumnos e alumnas que non dispoñan de medios tecnolóxicos para facelo nos seus fogares.

O taller de memoria na casa está dirixido a todos os alumnos e alumnas que participaban nesta actividade antes do confinamento e tamén ao resto de veciños do municipio. O material para os participantes nesta iniciativa será enviado aos seus domicilios a través dun empregado municipal. Os interesados deben contactar cos Servizos Sociais do Concello e falar con Dolores no número de teléfono 982.12.10.36 en horario de 09:00 a 13:00 de luns a venres.

Por outra parte, a impresión de tarefas e apuntes escolares é unha iniciativa que o Concello de Lourenzá leva a cabo en colaboración co CEIP Juan Rey e co IES San Rosendo. Os interesados deben contactar cos Servizos Sociais municipais de luns a venres de 09:00 a 13:00 horas a través do teléfono 982.12.10.36 ou do correo electrónico doloeduca@gmail.com. E despois imprimirán os documentos e enviaranos aos domicilios a través dun empregado municipal no menor tempo posible.

Etiquetas